martes, 19 de julio de 2022

Volta o ciclo de concertos Son & Sal, por terra e por mar.

 


Unha maridaxe entre a música e o viño en espazos emblemáticos como a Fundación Manolo Paz, Casa Museo Rosalía de Castro, sen esquecerse do seu concerto en barco pola Ría de Arousa.

     A adega aposta por un novo formato, onde ademais de celebrar o seu concerto en barco pola Ría de Arousa, engade dous novos espazos para por en valor o patrimonio da Fundación Manolo Paz e a Casa-Museo Rosalía de Castro.

     As entradas estarán dispoñibles a partir do mércores 20 de xullo na súa tenda online www.pacolola.com

 

Volta Son & Sal, por terra e por mar. Presentámosvos as datas e artistas que participarán na nova Edición de Son & Sal. O ciclo transfórmase e engade dous novos espazos emblemáticos como o son a Fundación Manolo Paz en Castrelo e a Casa-Museo Rosalía de Castro en Padrón. Todo o recadado nos concertos que se realizan nas fundacións será en beneficio dos  bancos de alimentos de cada zona, xestionados pola Federación Galega de Banco de Alimentos.

🔹Con cada entrada inclúese a visita á Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo e á Casa-Museo Rosalía de Castro nos propios días do concerto. A apertura de portas é as 19:30h, todos os asistentes terán a oportunidade de visitar a Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea e a Casa-Museo Rosalía de Castro, para percorrer o espazo dedicado á exposición da obra dos artistas.

A hora de inicio do concerto é ás 20:30h. O evento contará con control de acceso. Non se permitirá a entrada ao recinto a partir das 20:00h. co fin de evitar interrupcións durante o espectáculo.

O concerto que se realizará no barco terá como punto de saída, como xa é habitual, o Porto do Grove. Terá un prezo de 45€ e inclúe o paseo en barco, concerto e a cea acompañada dos albariños de Paco & Lola. A Ría de Arousa volve a ser o escenario perfecto no que gozar da música en directo coa posta de sol co mar de fondo. A adega realizará unha soa cita no barco de Son & Sal o 12 de agosto e será o grupo Caldo quen poña a banda sonora desta viaxe musical.

 

PROGRAMACIÓN:

▪ Concerto de Néboa, o 24 de xullo na Fundación Manolo Paz, todo o recadado será en beneficio do Banco de Alimentos Rías Baixas. PREZO: 15€

▪ Concerto de Caldo o 12 de agosto no barco de Son & Sal, saída do porto do Grove. PREZO: 45€, inclúe paseo en barco, concerto e cea maridada cos albariños de Paco & Lola.

▪ Concerto de Antía Muíño o 4 de setembro na Casa-Museo de Rosalía de Castro, todo o recadado será en beneficio da Federación Galega de Banco de Alimentos. PREZO: 15€

🔹Entradas á venda mércores 19 de xullo ás 12:00h.

🔹Máis información na tenda online de Paco & Lola: https://cutt.ly/TLXpzRF

 

Paco & Lola mantén así o seu compromiso con la cultura. Con estes concertos apostan polo súa maridaxe entre os seus viños, a música e uns espazos que conxugan arte e natureza.

 

CONCERTO DE NÉBOA - DOMINGO 24 DE XULLO - 20:00h

Este domingo tedes unha cita na Fundación Manolo Paz con Paco & Lola. O grupo Néboa poñerá música a este evento no que todo o recadado doarase ao Banco de Alimentos Rías Baixas.

Néboa defínese polo seu eclecticismo, acercándose á tradición galega e á raíz latinoamericana dende o pop e a electrónica, dando como resultado unha arquitectura sonora sen precedentes. No ano 2021 foi unha das bandas premiadas nos Premios da Música Independente, recibindo o galardón a ‘Mellor Álbum en Galego’  polo seu álbum ‘A Realidade Enganosa’. Todos os espectadores poderán gozar dunha xornada musical no que a beleza artística e paisaxística da Fundación Manolo Paz, estará acompañada dunha copa de albariño cortesía de Paco & Lola.

A apertura de portas é ás 19:30h, para que os asistentes teñan a oportunidade de visitar a Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea e percorrer o espazo dedicado á exposición da obra do artista. O concerto comezará ás 20:30h, será no auditorio ao aire libre da fundación, rodeado de menhires, co río Umia de fondo dando paso ao mar.

 

0 comentarios:

Publicar un comentario