Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de febrero de 2016

Un trimestre cargado de actividades en la agenda del CIFP Carlos Oroza de Pontevedra




El primer trimestre del año ha llegado cargado de actividades para el CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, con proyectos como el desarrollo de cocina con lapa, asistencia a FITUR, o los premios extraordinarios de educación de la Xunta de Galicia. Pero todavía hay más, mucho más, tanto en actividades propias como compartidas y que llegan a lo largo de los meses de febrero y marzo.

La primera parada será el próximo 16 de febrero, en el Concurso de baristas de Foz, un clásico para los alumnos de esta escuela. 
Foto Faro de Vigo

Coincidiendo en tiempo, pero no en espacio los próximos días 17, 18, 19 de febrero se celebrar el salón Edugal en Pontevedra. El centro tiene previsto un showcooking para el próximo 19, además de sesiones de coctelería en la programación de alguna de las tardes.

En las mismas fechas recibirán la visita de la Escola de Hotalaría e Turismo de Coimbra  en un intercambio interregional Galicia-Norte de Portugal, denominado "Cociñas Viaxeiras" y que tendrá un culmen especial el 18 de febrero con una cena realizada por la escuela de Coimbra en el centro.

Una semana más tarde, los 24, 25, 26 febrero el Carlos Oroza asistirá al Congreso de innovación en la Cidade da Cultura de Santiago, en los que participarán con los proyectos de innovación de IGAFA, lapa, turismo accesible, papel comestible, congreso en el que también estará el IES Manuel Antonio con un proyecto sobre química en la cocina.
Foto La Voz de Galicia

El Concurso Moldes de Pontedeume del 25 de febrero será otra de las actividades en las que participará el alumnado de cocina y coctelería.

Una fecha esperada será el 28 de febrero ya que Iban Yarza realizará en su taller de pastelería, dentro del programa de "Con moita miga" un taller de pan.

El 3 de marzo vuelve un año más el Concurso de sumillería Suso Domínguez y fechas más tarde se repetirá la experiencia de la Comida de la ONCE  para discapacitados visuales de esta asociación.

Sin duda, el Carlos Oroza CIFP está en contínuo movimiento, y prueba de ello, es este extenso programa de actividades y colaboraciones para los próximos meses. 
Foto Faro de Vigo

martes, 12 de enero de 2016

O CIFP Carlos Oroza mostra os usos das lapas (patella spp.) aos hostaleiros e veciños de Pontevedra






O CIFP Carlos Oroza informa de que mañá mércores, 13 de xaneiro, desenvolverase unha actividade enmarcada no proxecto de innovación “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa “patella spp.” no que está traballando o noso centro desde hai uns meses. Esta actividade, consistente nun panel de cata de tres variedades de lapa realiza- rase na praza da Peregrina a partir das 11.30 horas nunha carpa colocada para a ocasión.

Esta análise sensorial da lapa a través da cata ten como obxectivo medir o grao de acepta- ción deste molusco nun consumidor potencial. Preténdese validar o resultado do estudo de mercado realizado anteriormente como parte do proxecto, no que se realizaron enquisas a potenciais consumidores de lapa, e que deron lugar ao deseño a medida dos produtos culi- narios que van ser testados a través desta análise sensorial que require o testeo de polo me- nos 100 persoas para a súa validación.
 
O panel dividirase en dúas partes, unha profesional e unha máis informal. Na cata profesional, realizarase unha análise sensorial de tres produtos culinarios realizados con lapa, na que participarán arredor de 30 hosteleiros da cidade de Pontevedra, especialmente convidados para este testeo. Esta análise sensorial será dirixida por Maruxa Quiroga de Tastelab, e se testarán aspectos como o aspecto, o olor, o sabor ou a textura das diferentes presentacións de lapa.

Na cata informal, o alumnado de cociña participante no proxecto, convidará a participar aos cidadáns que pasen pola zona, e aporten a súa opinión sobre o mesmo produto e que será recollida polo alumnado nunha ficha específica.

Estarán presente nesta actividade profesorado do CIFP Carlos Oroza, Tastelab e a Confraría de pescadores San Xosé, como participantes do proxecto de innovación.


martes, 21 de abril de 2015

¿Serías capaz de comer coma un invidente? No CIFP Carlos Oroza repiten experiencia en colaboracion coa ONCE.


Este mércores 22 de abril, no CIFP Carlos Oroza desenvolverase un xantar especialmente deseñado para persoas con discapacidade visual, asociados da ONCE. O alumnado que atenderá o servizo deste xantar ten recibido formación específica da ONCE para desenvolver correctamente o servizo con estes clientes tan especiais para o CIFP.

Esta actividade forma parte do proxecto do noso centro "Para ti, para min...para todos" co que o CIFP Carlos Oroza quere concienciar e preparar a todo o seu alumnado de hostalaría e turismo para atender correctamente aos clientes con algún tipo de discapacidade.

Para compartir a experiencia de degustar un xantar sen poder usar o sentido da vista, os comensais que non teñen discapacidade visual participaran utilizando un antifaz que a asociación ONCE lles facilitará.

(Foto de La Voz de Galicia, Edición Pontevedra)

miércoles, 11 de marzo de 2015

ThinkingFoods: Roberto Brisciani visita Pontevedra da man do CIFP Carlos Oroza o xoves 12 de Marzo.


O CIFP Carlos Oroza informa de que o vindeiro xoves, 12 de marzo ás 16.30 horas, no Auditorio da  Cidade Infantil Príncipe Felipe desenvolverase a conferencia: “Conociendo tus límites: ¿Por qué tu negocio no crece? de Roberto Brisciani afamado autor do libro “El secreto de un restaurante magnético”, premiado como a mellor publicación gastronómica do ano 2010 e gañador do Gourmand Cook Book Awards (o Óscar dos libros gastronómicos) como “Best Book for Professionals” no mesmo ano.

Roberto Brisciani é consultor de empresas do sector da restauración italiana, editor da revista Pizza&Restauración –o medio de máis prestixio da gastronomía italiana en España-, director da Escola Nacional de Pizza e Restauración Italiana, adicándose especialmente a nivel empresarial ao Gruppo Pizza, sociedade adicada ao Consulting de negocios de restauración e Thinking Foods, empresa que desenvolve fórmulas de masa de pizza a medida para clientes industriais e artesanais.

Tanto para Roberto Brisciani como para as empresas que desenvolveu, o seu motor é “elevar o éxito dos negocios de restauración”, por elo cada interacción de Roberto Brisciani cos emprendedores deste sector está sempre movido por aportar as ferramentas que fagan que os seus negocios acaden o éxito desexado.

Esta interesante conferencia, por primeira vez en Galicia, está dirixida ao alumnado do centro, a todos os empresarios do sector da hostalaría, a restauración e as industrias alimentarias que desexen asistir á conferencia, cuxa entrada é libre ata completar aforo.

A actividade está organizada polo xefe do departamento de Industrias Alimentarias, Manuel Patiño xunto con J. Carrera Grupo, delegado en Galicia de Thinkfoods.

martes, 17 de febrero de 2015

Unha semana de actividade gastronómica frenética levará ao CIFP Carlos Oroza a participar en Edugal, realizar o 2º concurso de sumillería Suso Domínguez e acoller un showcooking a cargo de Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) e Diego López (La Molinera-Lalín).

 

Frenéticas. Así serán as actividades que desenvolverá o CIFP Carlos Oroza na semana dos vindeiros 25,26 e 27 de febreiro.Nelas levará ao CIFP Carlos Oroza a participar en Edugal, realizar 2º concurso de sumillería Suso Domínguez e acoller un showcooking a cargo de Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) e Diego López (La Molinera-Lalín)

O detalle das mesmas é o seguinte:

25 de febreiro (mércores)
Ás 10 horas, no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, haberá un showcooking a cargo de Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) e Diego López (La Molinera-Lalín) para todo o alumnado do noso centro e escolas convidadas. A entrada será libre ata completar aforo para todas as persoas que desexen asistir a esta actividade.

26 de febreiro (xoves)
Arredor das 10 horas darán comezo as probas que forman parte do 2º concurso de sumillería Suso Domínguez. Haberá probas que se desenvolvan no noso centro, e a partir das 12 horas, tódalas probas se desenvolverán no auditorio da Cidade Infantil. Participarán tódalas escolas de hostalaría de Galicia e tres de Portugal.

27 de febreiro (venres)
O CIFP Carlos Oroza participará na feira de educación Edugal cun showcooking (elaboración de pratos e cócteles á vista do cliente con posterior degustación) a cargo dos segundos cursos dos Ciclos Superiores de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos, xunto co primeiro curso de Ciclo Superior de Dirección de Cociña. Os profesores encargados desta actividade serán Daniel Pulzoni, Antonio Suárez e Nuria Ruíz. Poderán asistir a este showcooking ata 100 persoas, que deberán recoller un tique de acceso nun stand da feira de Edugal. A actividade ten previsto o seu comezo arredor das 11.30 horas.

lunes, 29 de diciembre de 2014

CIFP Carlos Oroza: La "fábrica" de talento y cocineros de la gastronomía galega en Pontevedra



Galicia cuenta con unos Centro Integrados de Formación Profesional en el ámbito de la hostelería y turismo que merecen todos los reconocimientos, por la cantidad de grandes profesionales que salen de sus promociones. El más conocido quizás sea el santiagués Lamas de Abade, también lo es en el norte de Galicia el Fragas do Eume en Pontedeume, pero es de justicia, hablar de aquel que está más cerca geográficamente hablando de GastroyPolítica y que corresponde al CIFP Carlos Oroza.

Son muchas las promociones que ya han formado este centro pontevedrés, que está situado en la zona de Montecelo al lado de Príncipe Felipe. Sin duda, sus menús, que ofrecen a diario durante el curso escolar, son una muestra de lo que después encontraremos en los restaurantes de Galicia, como por ejemplo en el Restaurante A Estación de Cambre, donde la Estrella Michelín, Beatríz Sotelo ( y Juan Crujeiras), los muestra a sus clientes, ya que ella cursó sus estudios aquí, antes de completarlos con stages en distintos y reconocidos restaurantes y cocineros.

Es bastante complicado acceder a su aula restaurante Alvaro Cunqueiro, ya que suele estar siempre lleno, aunque sea previa reserva,  además de tener que, obligatoriamente estar presentes a las 13.45-14.00 que es cuando empiezan el servicio de sala. Aún así merece la pena, reservar con tiempo y disfrutar del aprendizaje de la futura cocina de Galicia.

Actualmente el centro que está integrado por el equipo directivo de Manuel Hermo, Pilar Tallón, Juan Ferradás o Ricardo Fernández, entre otros, está cosechando grandes éxitos como el servicio buffet después de la entrega de los Premios Príncipe de Asturias en Oviedo (al que dedicaré un post específico) o el premio que el estudiante Iván Liu Zhu ganó en el "I Concurso de Cocina con Carne Xata Roxa".

Basten estas fotos y los menús de distintas visitas en el curso 2013 y 2014, además de las jornadas de cazas y setas del 2014 para hacernos una idea de lo que allí se "cuece".