martes, 12 de enero de 2016

O CIFP Carlos Oroza mostra os usos das lapas (patella spp.) aos hostaleiros e veciños de Pontevedra






O CIFP Carlos Oroza informa de que mañá mércores, 13 de xaneiro, desenvolverase unha actividade enmarcada no proxecto de innovación “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa “patella spp.” no que está traballando o noso centro desde hai uns meses. Esta actividade, consistente nun panel de cata de tres variedades de lapa realiza- rase na praza da Peregrina a partir das 11.30 horas nunha carpa colocada para a ocasión.

Esta análise sensorial da lapa a través da cata ten como obxectivo medir o grao de acepta- ción deste molusco nun consumidor potencial. Preténdese validar o resultado do estudo de mercado realizado anteriormente como parte do proxecto, no que se realizaron enquisas a potenciais consumidores de lapa, e que deron lugar ao deseño a medida dos produtos culi- narios que van ser testados a través desta análise sensorial que require o testeo de polo me- nos 100 persoas para a súa validación.
 
O panel dividirase en dúas partes, unha profesional e unha máis informal. Na cata profesional, realizarase unha análise sensorial de tres produtos culinarios realizados con lapa, na que participarán arredor de 30 hosteleiros da cidade de Pontevedra, especialmente convidados para este testeo. Esta análise sensorial será dirixida por Maruxa Quiroga de Tastelab, e se testarán aspectos como o aspecto, o olor, o sabor ou a textura das diferentes presentacións de lapa.

Na cata informal, o alumnado de cociña participante no proxecto, convidará a participar aos cidadáns que pasen pola zona, e aporten a súa opinión sobre o mesmo produto e que será recollida polo alumnado nunha ficha específica.

Estarán presente nesta actividade profesorado do CIFP Carlos Oroza, Tastelab e a Confraría de pescadores San Xosé, como participantes do proxecto de innovación.


0 comentarios:

Publicar un comentario