jueves, 12 de abril de 2018

La Reina Pez, un sorprendente rosado de autor de Ponte da Boga inspirado por la cantante y compositora Vega



La Bodega Ponte da Boga saca la primera edición de ‘vinos de autor’

Será la primera edición limitada de ‘vino de autor’ de esta emblemática bodega de la Ribeira Sacra que combina música y enología bajo una misma mirada de sostenibilidad medioambiental

La creatividad y el arte forman parte de la identidad de la Bodega Ponte da Boga. Saben que investigar, imaginar y crear les permite mejorar, desarrollase y abrir nuevos caminos. Con VINOS DE AUTOR la bodega abre una nueva faceta, con una serie de ediciones limitadas que acompañan la obra de autores, cuya propuesta responde a valores a compartir.

En esta primera serie el vino acompaña la obra ‘La Reina Pez’, de la artista y compositora Vega. Un disco cuyo título representa una oda a la perseverancia y el afán de superación de la mujer y que manifiesta un compromiso hacia el medio ambiente, a través de una edición realizada con técnicas y materiales gráficos sostenibles. Ambos valores, el afán de superación y el respeto por el entorno, forman parte de la esencia de la Bodega Ponte da Boga, cuya viticultura heroica se enmarca en una imponente naturaleza a preservar en las laderas de los ríos Sil y Miño.

El vino elegido es una innovadora producción limitada de un rosado de la reina de la D.O. Ribeira Sacra — la uva Mencía — manteniendo así la identidad, esencia y tradición de Ponte da Boga en sus 120 años de historia.

Sobre el rosado La Reina Pez

La Reina Pez 2017 es un rosado monovarietal de Mencía, cuyas cepas se cultivan sobre terrazas de esquistos en la D.O. Ribeira Sacra, practicando una viticultura respetuosa con el entorno y el origen de los vinos. En barrica, el sangrado de Mencía es sin remontado de extracción y posterior fermentación, realizando una crianza sobre lías durante más de 4 meses. Un estilo que refleja el paisaje de las laderas de los ríos Sil y Miño y que respeta la identidad y tradición de esta bodega.

La Reina Pez 2017 presenta un color rosa pálido casi ocre y se muestra en nariz intenso, propio de la zona en la que se encuentra, con notas a golosinas, fresas, rosa y moras. En boca es equilibrado, goloso y fresco, dejando entrever cierta mineralidad, siendo un vino que invita a repetir y que se enriquecerá en matices en los próximos tres años. Armoniza perfectamente con pescados y carnes blancas, pero también con todo tipo de setas a la brasa o a la plancha, donde las notas terrosas se superponen a los frutos rojos a la perfección.

En resumen, es un rosado de mencía en estado puro, fresco, fragante y divertido, que conserva la elegancia y complejicidad típica de los vinos de Ribeira Sacra.

jueves, 5 de abril de 2018

LA MAR, EXCLUSIVIDAD ATLÁNTICA PARA BRINDAR EN EL DÍA DE LA MADRE



Bodegas Terras Gauda brinda en el Día de la Madre con La Mar 2015, su vino más singular,
elaborado casi en su totalidad con Caíño Blanco, variedad autóctona que la Bodega ha recuperado y mimado hasta atesorar el 90% de la escasa producción de esta uva exclusiva.
Los aromas frescos, limpios y rotundos, intensos, de fruta tropical madura, caracterizan la añada de 2015, que revela nuevamente la virtud esencial del Caíño: su facilidad para extraer al máximo las características del terroir y trasladarnos, saboreando una copa, a O Rosal y al Atlántico.
Resulta sorprendente en boca, que se llena de sensaciones placenteras gracias a un vino untuoso,carnoso, de gran estructura y cuerpo, que al mismo tiempo resulta tierno, vivo y envolvente. Su excelente acidez le aporta frescura y longitud. La Mar 2015 es el vino ideal para celebrar el día quededicamos a las madres y brindar por ellas.

La Mar 2015
Variedades: 95% Caíño Blanco, 5% Albariño y Loureiro
“La naturaleza atlántica del excepcional Caíño Blanco, prácticamente exclusivo del Valle de O Rosal, da nombre a La Marpara evocar la influencia física del océano en sus características y la simbólica, en la apertura al mundo de esta variedad singular.
“Recibe en La Mar la mezcla de Albariño y Loureiro para conseguir,sin perder su carácter, una definición de vino única” José Mª Fonseca, presidente del Grupo Terras Gauda


Maridaje
Gracias a su buena acidez se ensambla a la perfección con pescados y mariscos, pero su poderoso cuerpo y volumen amplían el abanico de maridajes: puede combinarse con guisos o carnes al horno,además de platos especiados o ligeramente picantes.


lunes, 26 de marzo de 2018

Centos de persoas degustan filloas da pedra na Baña nunha homenaxe ás mulleres do rural



·        Marga Cancela di no pregón que as orixinais son da Barcala, pero os franceses copiaron a receita, fixérona súa e divulgárona
·        Recordo especial para Elisa Liñares Guerra, unha das impulsoras da Festa da Filloa da Pedra, que celebrou hoxe a 15ª edición.
·        Ovidio Rodeiro anima a promover o hirmdanamento entre as filloas da Baña e as de Lestedo
·        Trece mulleres e tres homes estiveron todo o día facendo filloas, en total ofrecéronse 8.000 aos visitantes.
·        A ruta BTT abreu unha xornada chea de actividades, xogos tradicionais e música da terra

O alcalde, Andrés García Cardeso, recordou que con esta festa quere ser unha homenaxe a muller do rural. Pola súa parte, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, animou ao alcalde da Baña e ao de Boqueixón en promover o hirmandamento das dúas festas da filloa máis coñecidas da comarca: a de Lestedo e a da Baña, como unha forma “de manter viva e impulsar as nosas tradicións”.
Segundo explicou Marga Cancela no seu pregón, as auténticas filloas son as do Val da Barcala. “O que pasa e que aos peregrinos franceses gustáronlle tanto que copiaron a receite e levárona para a súa terra. Alí, co seu  saber facer, asumírona como propia e souberon divulgala ata que alcanzou fama mundial”, sinalou a pregoeira, para quen as crêpes non teñen nada que ver coas filloas, e menos coas filloas da pedra da Baña.
A celebración da XV Festa da Filloa da  Pedra acudiron centos de persoas, así como os alcaldes de Val do Dubra, Santa Comba e Carnota, o presidente de Feiraco, e veciños do concello que viven en Brasil ou Arxentina. Todos puideron degustar as 8.000 filloas que veciños e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra da Baña estiveron preparando tanto a tarde do sábado como todo o Domingo de Ramos, día no que se celebrou a festa despois de que o concello decidise aprazar a celebración prevista para o 11 de marzo por mor do mal tempo. Esta mañá, no pavillón de San Vicenzo, trece mulleres e tres homes atenderon as corenta pedras de 40 x 40 centímetros para ofrecer filloas a todos os visitantes.
En presencia das autoridades e festeiros, Marga Cancela animouse a pedirlle aos concelleiros de Medio Rural, José Manuel Landeira, e ao de Facenda e Deportes, Manuel Tourís, que fagan un paseo á beira do río Barcala, dende Ponte Rial ata Ponte Corneira, para fomentar os hábitos saudables entre a veciñanza, onde se poidan dar paseos, andar en bicicleta e rebaixar o colesterol, afirmou.
A xornada festiva arrancaba xa as dez da mañá coa saída da segunda Ruta BTT Filloa da Pedra, na que participaron máis dun cento de ciclistas percorreron 42 quilómetros polos paraxes máis fermosos do concello. O campionato de chave e a música dos Campantes da Baña animaron as primeiras horas festivas. Xa pola tarde, e despois da entrega de premios da ruta BTT e do campionato de chave, a charanga Pena do Corvo e a orquestra Santiago encargáronse de poñer a música para seguir animando a xornada. Durante o xantar, os máis cativos puideron gozar na ludoteca habilitada no polideportivo de San Vicenzo.

miércoles, 28 de febrero de 2018

V Campionato de Sumillería para Escolas de Hostalaría de Galicia, Asturias, norte de Portugal e Biarritz



O CIFP Carlos Oroza celebra a 5ª edición do Campionato de Sumillería “Suso Domínguez” para Escolas de Hostalaría de Galicia, Portugal, Asturias e Biarritz O CIFP Carlos Oroza informa que o xoves, 1 de marzo, celebrará o 5º Concurso de Sumillería “Suso Domínguez” co obxectivo de por en valor o servizo de sala, o mundo do viño e a formación nas escolas públicas de hostalaría e turismo. 

Esta edición estará adicada á DO Valdeorrras, coa que concluímos o noso percorrido polas DO galegas. O evento contará coa presenza da presidenta da Deputación Carmela Silva, o Director Xeral de Centros e RRHH, José Manuel Pinal, a Subdirectora Xeral de FP, Eugenia Pérez Fernández, o deputado Héctor Santos, a concelleira Anabel Gulías, ou o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, entre outros. O campionato dará comezo no CIFP Carlos Oroza ás 9 horas, coa primeira proba, un cuestionario específico sobre a DO Valdeorras, que os participantes realizarán nunha das aulas do centro. 

A segunda proba e 3ª proba tamén será desenvolvida no centro, a identificación de olores, nez du vin 54 aromas, e a identificación dun viño da DO Valdeorras entre 5 referencias dadas. O concurso continuará a partir das 12 horas no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, a onde se trasladará todo o alumnado do centro, colaboradores e autoridades convidadas para dar paso á proba final, na que cada participante realizará unha proba de decantación tipo aireado co que rematarán a súa participación no concurso. Para esta V edición, contaremos cun xurado de luxo, que será o encargado de decidir o campión de sumillería. 

Este xurado estará presidido, como en edicións anteriores, por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño e tamén formarán parte do mesmo Guillermo Cruz Alcubierre, xefe de sumilleres do restaurante Mugaritz e un dos sumilleres máis recoñecidos do mundo; Esther Daporta, sumiller do restaurante con estrela Michelín Yayo Daporta de Cambados; Jorge Mazaira (Director Técnico da DO Valdeorras); e Xosé Gontá e Martiño Santos (propietarios da tenda de viños Vide Vide de Santiago). 

Haberá unha demostración de cociña con viño, a cargo de dous alumnos do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, premiados recentemente en na Feira Gastronómica Xantar de Ourense, no concurso “Cocinar con Vino”. O punto e final á xornada no auditorio será a entrega de premios ao gañador, e o discurso das autoridades convidadas. Posteriormente celebrarase un xantar no taller restaurante Álvaro Cunqueiro do centro.

lunes, 26 de febrero de 2018

‘Filloas e Viño no Camiño’ pon en valor a gastronomía como atractivo cultural


· Pepe Solla combinará filloas e viño nun ‘showcooking’ o xoves 1 de marzo no Hostal dos Reis Católicos

· Presentaranse as festas da Filloa da Pedra da Baña e do Viño da Ulla

· O evento está organizado por GDR Asociación Terras de Compostela

O Hostal dos Reis Católicos acolle o próximo xoves, 1 de marzo, a xornada Filloas e Viño no Camiño, organizada polo GDR Asociación Terras de Compostela co apoio das asociacións da Filloa da Pedra da Baña, da Filloa de Lestedo e do Viño da Ulla. Estes produtos típicos da comarca compostelá centrarán o programa dunha mañá na que se desenvolverán conferencias sobre gastronomía e turismo e que rematará cun showcooking a cargo de Pepe Solla.

Filloas e Viño no Camiño busca poñer en valor dous produtos con grande atractivo e ligalos aos Camiños de Santiago, como elemento dinamizador do territorio e do turismo en Galicia. Milleiros de peregrinos visitan a Comunidade cada ano e o factor gastronómico é cada vez máis importante na súa decisión de visita.


A xornada abrirase ás 9.30 da man de Carlos Martínez Carrillo, presidente de GDR Asociación Terras de Compostela; e representantes da Asociación de Filloas da Pedra da Baña, da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo (Boqueixón) e da Festa do Viño da Ulla (Vedra). A seguir, o historiador Manuel Vilar lerá o relatorio Camiños de Santiago: mostrando o local para estar no global, e o director técnico do Curso Superior de Sumiller profesional do Instituto Galego do Viño, Juan José Figueroa Treus, falará do sector vitivinícola.



Despois o cociñeiro Pepe Solla elaborará en directo varias receitas nas que maridará filloas e viño con outros produtos da gastronomía galega. Solla é un dos cociñeiros máis recoñecidos de Galicia, tanto pola calidade das súas propostas (o seu restaurante Casa Solla, en Poio, conta cunha estrela Michelin desde 1980) como polo seu incansable labor de difusión da gastronomía galega ao longo do mundo.


Ás 12.30, rematado o set de showcooking de Solla, a tradición gastronómica tomaralle o relevo coa elaboración en vivo e a degustación de filloas da pedra da Baña e filloas de Lestedo, acompañadas por viño da Ulla e outros produtos da comarca compostelá. Este momento servirá para que se presenten tanto a Festa da Filloa da Pedra da Baña, que chegará á 15ª edición o 11 de marzo; como da 38º Festa do Viño da Ulla, o 8 de abril.