O CIFP Carlos Oroza celebra a 5ª edición do Campionato de Sumillería “Suso
Domínguez” para Escolas de Hostalaría de Galicia, Portugal, Asturias e Biarritz
O CIFP Carlos Oroza informa que o xoves, 1 de marzo, celebrará o 5º Concurso de
Sumillería “Suso Domínguez” co obxectivo de por en valor o servizo de sala, o
mundo do viño e a formación nas escolas públicas de hostalaría e turismo.
Esta
edición estará adicada á DO Valdeorrras, coa que concluímos o noso percorrido
polas DO galegas.
O evento contará coa presenza da presidenta da Deputación Carmela Silva, o
Director Xeral de Centros e RRHH, José Manuel Pinal, a Subdirectora Xeral de FP,
Eugenia Pérez Fernández, o deputado Héctor Santos, a concelleira Anabel Gulías, ou
o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, entre outros.
O campionato dará comezo no CIFP Carlos Oroza ás 9 horas, coa primeira proba, un
cuestionario específico sobre a DO Valdeorras, que os participantes realizarán nunha
das aulas do centro.
A segunda proba e 3ª proba tamén será desenvolvida no centro,
a identificación de olores, nez du vin 54 aromas, e a identificación dun viño da DO
Valdeorras entre 5 referencias dadas.
O concurso continuará a partir das 12 horas no auditorio da Cidade Infantil
Príncipe Felipe, a onde se trasladará todo o alumnado do centro, colaboradores e
autoridades convidadas para dar paso á proba final, na que cada participante
realizará unha proba de decantación tipo aireado co que rematarán a súa
participación no concurso.
Para esta V edición, contaremos cun xurado de luxo, que será o encargado de decidir
o campión de sumillería.
Este xurado estará presidido, como en edicións anteriores,
por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño e tamén formarán parte do
mesmo Guillermo Cruz Alcubierre, xefe de sumilleres do restaurante Mugaritz e un
dos sumilleres máis recoñecidos do mundo; Esther Daporta, sumiller do restaurante
con estrela Michelín Yayo Daporta de Cambados; Jorge Mazaira (Director Técnico
da DO Valdeorras); e Xosé Gontá e Martiño Santos (propietarios da tenda de
viños Vide Vide de Santiago).
Haberá unha demostración de cociña con viño, a cargo de dous alumnos do Ciclo
Superior de Dirección de Cociña, premiados recentemente en na Feira Gastronómica
Xantar de Ourense, no concurso “Cocinar con Vino”.
O punto e final á xornada no auditorio será a entrega de premios ao gañador, e o
discurso das autoridades convidadas. Posteriormente celebrarase un xantar no taller
restaurante Álvaro Cunqueiro do centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario