Mostrando entradas con la etiqueta Ribeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ribeiro. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de octubre de 2018

CORENTA VIÑOS DA D.O. RIBEIRO ILUSTRAN A TIPICIDADE DA ZONA A UN GRUPO DE XORNALISTAS INTERNACIONAIS




Os prescriptores visitan a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia nunha actividade organizada polo IGAPE e coordinada por Luis Paadín

Un grupo de 13 xornalistas internacionais, chegados dende Bélxica, Reino Unido, Estonia, Rusia, Holanda ou Perú, están a participar nun programa de visitas denominado International Galician Wine Week, organizado polo IGAPE da man do sumiller Luis Paadín, que aterrou onte na Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, a D.O. Ribeiro.

O programa iniciouse coa chegada onte á tarde ao territorio da D.O. Ribeiro para coñecer de primeira man as súas características, a través dos seus viños, uvas, viñedos e xentes. O grupo, acompañado polo presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, gozou dunha cea tradicional cunha excelente mostra de 20 de viños do Ribeiro.

Esta mañá percorreron o terreo da D.O. Ribeiro visitando viñedos, algúns xa vendimados e outros no proceso de recolección da uva, trazando unha rota polos concellos de Cenlle, Leiro, Beade,… para chegar a Ribadavia, onde se celebrou un xantar tradicional con polbo a feira e carne ao caldeiro, harmonizado con outro túnel de viños da D.O., integrado por outras 20 referencias entre viños brancos e tintos.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

UN TOTAL DE 142 VIÑOS DA D.O. RIBEIRO DISTINGUIDOS CON MEDALLA NA ‘GUÍA DE VINOS Y BODEGAS DE GALICIA 2018’

 

O autor da publicación, Luis Paadín e o presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, presentaron hoxe a guía que premia a un 14% máis de viños da D.O. Ribeiro que na anterior edición


Un total de 142 viños da D.O. Ribeiro resultaron como distinguidos pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2018, do sumiller, docente e catador, Luis Paadín e editada por Servino Consulting. 16 acadaron medalla de Gran Ouro, 77 medalla de Ouro e 49 foron distinguidos con medalla de Prata.
A presentación da guía realizouse esta mañá na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, da man do propio autor da publicación, Luis Paadín, e do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares.

Os viños distinguidos son:

GRAN OURO
A Teixa 2015 / Alma de Reboreda 2007 / Armán Finca Os Loureiros 2015 / Coto de Gomariz Colleita Seleccionada 2012 / Cuñas Davia Barrica 2014 / El Patito Feo 2016 / Emilio Rojo 2015 / Fai un Sol de Carallo 2014 / Isuué 2014 / Pazo Tizón Extramundi 2016 / Quinta do Avelino 2015 / Ramón do Casar Nobre 2015 / Tega do Sal 2015 / Terra do Castelo Treixadura Selección 2013 / Toubes 2015 / Viña de Martín Escolma 2013
OURO
1932 de Pazo Vieite 2016 / A Flor e a Abella 2016 / A Torna dos Pasás 2015 / A Torna dos Pasás Escolma 2013 / Ailalá 2015 / Alberte 2016 / Alboroque 2015 / Alejandrus Barrica 2015 / Alter 2016 / Alter 2016 / Antonio Montero Autor 2016 / Armán Finca Misenhora 2015 / Beade 25 Autor 2015 / Beade Primacía 2016 / Benedictus Fructus 2016 / Camila Jade 2015 / Canción de Elisa 2016 / Canción de Elisa 2016 / Carlos Villanueva 2016 / Casal de Armán 2016 / Casal de Vide 2016 / Catro Ferrados 2016 / Catro Ferrados sobre Lías 2016 / Celme de Pena Bicada 2016 / Celme de Souto 2016 / Cholo 2016 / Colección 68 Albariño 2016 / Cordón de Santo André 2016 / Coto de Gomariz 2015 / Cunqueiro el Primero 2015 / Cunqueiro III Milenium 2015 / Cuñas Davia 2016 / Divino Rei 2016 / Eduardo Bravo 2016 / Eiras Altas 2015 / El Paraguas Atlántico 2016 / Elisa Collarte Barrica 2015 / Erundina 2016 / Finca Teira 2016 / Finca Viñoa Embotellado Tardío 2014 / Gomariz X 2015 / Gran Leiriña 2016 / La Chica de Ayer 2016 / La Chica de Ayer Lías 2016 / La Sombrilla 2015 / Lagar do Chicho 2016 / Leive Paradigma 2016 / Leive Reliquia 2015 / Máis de Cunqueiro 2016 / Máis de Cunqueiro Godello 2016 / Manuel Rojo 2016 / Mauro Estévez 2016 / Mónica Albor 2016 / Mónica Albor 2016 / Norte & Sur Tinaja 2015 / Para do Pé / Pazo do Mar Expresión 2016 / Pazo Lalón 2015 / Pé de Perdiz 2016 / Priorato de Razamonde 2016 / Quinta do Rebolo Treixadura 2016 / Ramón do Casar 2016 / Ramón do Casar Treixadura 2016 / Sameirás 1040 2014 / Señorío da Vila 2015 / Son de Arrieiro 2016 / Teira X 2016 / Terra do Castelo Treixadura 2015 / Terra Minei 2016 / Uxía da Ponte 2016 / Val de Nairoa 2015 / Val do Deva 2016 / Valdepuga 2015 / Vilerma 2015 / Vioña de Martín Os Pasás 2016 / Viña Mein 2016 / Viña Mein Barrica 2014
PRATA
7 Cupos 2016 / A Flor e a Abella Sousón 2016 / Abadía de Gomariz 2012 / Alter 2015 / Besos de Judas 2016 / Casal de Armán 2015 / Casanova Treixadura 2016 / Catro Parroquias 2016 / Cuqueira 2015 / Cunqueiro 2016 / Eidos Ermos 2016 / Eidos Ermos 2016 / Erundina 2016 / Farnadas 2016 / Finca Teira 2016 / Finca Viñoa 2016 / Finca Viñoa 2016 / Formigo 2016 / Gran Alanís 2016 / HV 1974 2015 / Joaquín Vázquez 2016 / Lagar de Brais 2016 / Leive Treixadura 2016 / Modus Vivendi 2015 / Mónica Albor Treixadura 2016 / O Alborexar 2016 / O Alborexar 4.0 2015 / Pazo Casanova 2015 / Pazo Casanova 2016 / Pazo do Mar 2016 / Pazo Tizón Extramundi 2016 / Pé de Perdiz 2016 / Pousadoiro 2016 / Preto de Leive 2015 / Quinta do Rebolo 2015 / Sameirás 2015 / Señorío de Beade 2016 / Señorío de Beade 2016 / Señorío de Lancero 2016 / Son de Arrieiro 2016 / Tinto Atlántico 2015 / Torques do Castro 2016 / Val de Souto 2016 / Val de Souto 2016 / Cal do Deva 2016 / Ciña Carpazal 2016 / Viuña Costeira 2016 / Viña Leiriña 2015 / Viña Leiriña 2016

Lenda: *****Viño branco*****Viño tinto***** Viño tostado***** /
 A Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2018
É o sexto ano consecutivo que esta Guía se edita polo sistema de micro-mecenazgo que, nesta edición con máis de 200 mecenas, e hai que indicar que non admite adegas entre os mecenas como tampouco admite publicidade das mesmas nin de marcas a fin de conservar a independencia coa que foi concibida.
Nesta edición de 2018 nomeáronse un total de 540 adegas e destilerías, a totalidade das amparadas en Galicia, e referencia a máis de 1.500 marcas cun total de 850 viños con notas e comentarios de cata.
Esta Guía de Vinos de Galicia logrou posicionarse no top da literatura gastronómica ao obter o Premio Especial do Xurado 2017 como un dos mellores 10 libros de bebidos do mundo polo concurso GourmadAwards, de entre máis de 10.000 libros de 211 países distintos.

martes, 13 de junio de 2017

LOS VINOS DE LA D.O. RIBEIRO ENTRE LOS FAVORITOS DEL CONSUMIDOR ESPAÑOL






Según un reciente informe de la prestigiosa consultora AC Nielsen, los vinos de la D.O. Ribeiro se encuentran entre los líderes del consumidor del mercado nacional

Los vinos de calidad de la Denominación de Origen Ribeiro son los segundos más consumidos y uno de los preferidos del consumidor español de vinos blancos. Esta es una de las conclusiones de la prestigiosa consultora AC Nielsen, referente en el sector, tras su último estudio de mercado. “Todos los que trabajamos por y para la D.O. Ribeiro estamos de enhorabuena”, comenta Felicísimo Pereira, presidente del C.R.D.O. Ribeiro.

Después de entrevistar a casi 1.000 personas en una población de entre 20 y 65 años, sobre la preferencia de sus vinos blancos, el 18% de los encuestados se decantaron por los de la D.O. Ribeiro. Un porcentaje solo superado por la D.O. Rueda (25%) y donde en tercera posición se encuentran los vinos de la D.O. Rías Baixas (14%). “Es una gran noticia y un respaldo al buen trabajo de bodegas y viticultores, y a la labor del consejo regulador”, asegura Felicísimo Pereira, “no tengo ninguna duda de que si logramos trabajar más unidos muy pronto la D.O. Ribeiro ocupará el lugar que se merece”.

Los vinos de la D.O. Ribeiro también destacan entre los encuestados por la consultora AC Nielsen respecto a cuáles son los vinos más consumidos. Así, el 36% prefiere los de la D.O. Rueda, el 29% los de la D.O. Ribeiro, el 21% de Rías Baixas y el 16% D.O. Penedés. “Es una excelente noticia para todos los que trabajamos por la calidad de la marca Ribeiro y demuestra, una vez más, que los vinos de la D.O. Ribeiro se pueden medir con cualquiera en calidad”, comenta Cristina Alcalá, gerente del C.R.D.O. Ribeiro.

En el mismo estudio, publicado por el periódico El Norte de Castilla, también se midió la satisfacción de los consumidores en un baremo de 0 a 5 puntos.  Los vinos de la D.O. Ribeiro se sitúan entre los mejores obteniendo una puntuación de 4,1, posicionándolos en cuarto lugar. Solo por debajo de denominaciones de origen como Rioja, Rueda y Rías Baixas, las cuales obtuvieron una puntuación de 4,2. Por debajo de esta franja y de la D.O. Ribeiro se sitúan Catalunya (4), Somontano (4), Ampurdán (4), Penedés (3,8), Alicante (3,7) y Valencia (3,4).  “Mantener e incrementar la calidad de los vinos es primordial para la satisfacción del consumidor y la credibilidad de los vinos de la D.O. Ribeiro”, asegura Cristina Alcalá, “es una buenísima noticia saber que la percepción de los vinos de Ribeiro es tan alta”.

Sobre la Denominación de Origen Ribeiro
La Denominación de Origen Ribeiro es más antigua de Galicia, oficialmente protegida en el año 1932, y una de las más antiguas de España. Actualmente la conforman 115 bodegas situadas en los valles formados por los ríos Miño, Avia y Arnoia, en el noroeste de la provincia de Ourense. La D.O. Ribeiro tiene una extensión de 2.232 hectáreas de viñedo situados en los municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro y Toén. Un territorio de gran diversidad vitivinícola donde trabajan unos 5.800 viticultores. La D.O. Ribeiro produce vinos blancos y tintos genuinos con variedades autóctonas locales: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como el Tostado do Ribeiro, un vino naturalmente dulce de larga tradición en la zona que data del siglo XIX. La producción de la cosecha 2016 en la Denominación de Origen ha sido de  11,6 millones de kilos de uva. El 92% de la producción total es vino blanco y 8% vino tinto.

A DENOMINACIÓN DE ORIXE MÁIS ANTIGA DE GALICIA PREPÁRASE PARA A SÚA GRANDE CITA ANUAL, OS PREMIOS D.O. RIBEIRO




 
A sexta edición dos Premios D.O. Ribeiro celebrarase o 20 de xuño no Mosteiro de San Clodio (Leiro, Ourense), onde se reunirán máis de 250 profesionais do sector vinícola e a divulgación

O Mosteiro de San Clodio, en Leiro (Ourense), recibirá o martes 20 de xuño ás 19.00 horas aos premiados e convidados da sexta edición dos Premios da Denominación de Orixe Ribeiro.

O Consello Regulador da D.O. máis antiga de Galicia é o organizador desta cita que quere celebrar o bo traballo dos profesionais e divulgar a calidade dos seus viños.

Nela congregaranse máis de 250 profesionais adegueiros, colleiteiros, distribuidores, almacenistas, xornalistas divulgadores ou prescriptores.

O Consello homenaxea, nas súas categorías honoríficas, a traxectoria salientable de varias personalidades.

A Master of Wine, xornalista e escritora británica, Sarah Jane Evans MW é o novo premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista catalán Joan Gómez Pallarés, o “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; a sumiller galega radicada en Madrid Mónica Fernández acada o galardón “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, recibirá o “Premio Vida entre Vides”.

Tamén se conceden galardóns en tres categorías dedicadas aos profesionais das viñotecas e locais de restauración e hostalería, outorgados directamente polas adegas adscritas á Denominación.

Na categoría de “Mellor Tenda Especializada - Viñoteca” son candidatos: Casa Amador (Ferrol), El Yate (Vigo) e La Sucursal (Lugo).

Na categoría de “Mellor taberna – Bar de Viños”, os aspirantes son: Mesón Picasso (Ferrol), Casa de vinos Montecarlo (A Coruña) e Bagos (Pontevedra).

Por último, na categoría de “Mellor Servizo de Viño en Restaurante”, os finalistas son: O Retiro da Costiña (Santa Comba), A Mundiña (A Coruña) e O Barazal (Maside).

Ademais, durante o evento desvelaranse os gañadores das categorías: “Mellor viño branco adega”; “Mellor viño branco colleiteiro”; e “Mellor viño tinto”.


Perfís dos gañadores

Sarah Jane Evans, Master of Wine, é unha escritora de viños galardoada, especialista en viños e gastronomía de España. Foi xornalista, editora de revista, escritora de libros e traballou en televisión e radio. É co presidenta dos Decanter World Wine Awards, o concurso de viños máis grande no mundo.

Evans sucede no galardón Persoeiro de Honra ao xornalista Cristino Álvarez, gañador en 2016; en 2015, foi recollido polos restaurantes e cociñeiros galegos con Estrela Michelin e na edición 2014 recoñeceu ao sumiller Josep Roca (El Celler de Can Roca).

Joan Gómez Pallarés é o responsable do blog De vinis, ademais de colaborador de El País Semanal. Na súa longa andaina implicouse en numerosas iniciativas e medios, como a Bullipedia, Cutpages ou El Periódico de Catalunya.

No 2016 o Premio “Mellor Tarefa de Comunicación” foi para Salvador Manjón, director de La Semana Vitivinícola.

Mónica Fernández, nada en Quiroga (Lugo), é a directora de sala e sumiller dos restaurantes do Grupo Bambú. Recibiu o Prix au Sommelier (Premio ao Sumiller) outorgado pola Academia Internacional de Gastronomía no 2017 e o Premio Nacional de Gastronomía 2015 á mellor directora de sala.

Mayte Santa Cecilia, directora de Marketing e de compras das tendas Bodega Santa Cecilia, recolleu o Premio “Muller e Viño” en 2016.

Arsenio Paz adquiriu xunto a Chon Labrador o lugar de A Vilerma no 1977 e quixo comezar a facer viño para os seus amigos. Apostou por recuperar as variedades tradicionais e, aos poucos, lanzouse á explotación profesional do viñedo e contribuíu á revalorización e modernización dos viños do Ribeiro. No 1987 saíron ao mercado as botellas de Vilerma, branco e tinto.

No 2016, o Premio “Vida entre Vides” homenaxeou a Avelino Lorenzo.


Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro
A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Actualmente está conformada por 115 adegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense.

A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.332 hectáreas de vide situadas nos concellos de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de grande diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.800 viticultores.

A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX.

A produción da colleita 2016 na Denominación de Orixe foi de 11,6 millóns de quilos de uva. O 92% da produción total é viño branco e o 8%, viño tinto.




Cadro de premiados e finalistas Premios D.O. Ribeiro 2017       

 
Premio
 
Gañador
 
Persoeiro de Honra Sarah Jane Evans
Mellor Tarefa de Comunicación Joan Gómez Pallarés
Muller e Viño Mónica Fernández
Vida entre Vides Arsenio Paz
 
Premio Finalistas
 
Mellor Tenda Especializada –Viñoteca Casa Amador (Ferrol)
El Yate (Vigo)
La Sucursal (Lugo)
Mellor Taberna – Bar de Viños Mesón Picasso (Ferrol)
Casa de vinos Montecarlo (A Coruña)
Bagos (Pontevedra)
Mellor Taberna – Bar de Viños Mesón Picasso (Ferrol)
Casa de vinos Montecarlo (A Coruña)
Bagos (Pontevedra)
Mellor Servizo de Viño en Restaurante O Retiro da Costiña (Santa Comba)
A Mundiña (A Coruña)
O Barazal (Maside)

Por determinar
“Mellor viño branco adega”, “Mellor viño branco colleiteiro” e “Mellor viño tinto.