A compañía quere reforzar a mensaxe de optimismo contra o Covid-19 que transmite o anuncio “Non vas poder con nós” e axudar aos seus clientes entregando o material de protección este venres
Supermercados Gadis
regalará este venres, 13 de
novembro, un total de 50.000 máscaras hixiénicas non reutilizables aos seus
clientes en todos os puntos de venda de Galicia, ata fin de existencias, cando fagan a compra. Unha mostra
máis do seu apoio nestes tempos complexos nos que a pandemia cambiouno todo.
“No ADN
de Gadis está axudar e, para nós, é un compromiso coa sociedade poñer todos os
grans de area que podamos para loitar contra a pandemia”, explican desde a
Dirección de Marketing. Destacan, ademais, que coa entrega das 50.000 máscaras,
a cadea de alimentación quere axudar aos seus clientes, lembrarlles que sigan
as recomendacións sanitarias, e darlles ánimo, confianza e optimismo, “mensaxes
que, sen dúbida, transmite o anuncio Non vas poder con nós”.
O berro
de esperanza que lanza Gadis co novo
anuncio de Vivamos como Galegos vai máis aló co hastag #QCHDN (Que Che
Dean), en clara alusión ao Covid-19. Unha expresión que se imprimiu nas
máscaras hixiénicas que se repartirán nos establecementos, idénticas ás que
utilizan os protagonistas do anuncio. Para os que non as consigan nos
supermercados, tamén se realizarán sorteos nas redes sociais e deseñáronse
máscaras virtuais co mesmo mensaxe como acto simbólico da loita entre todos
contra esta pandemia.
Regalar un produto de primeira necesidade, como é na actualidade este material de protección, é unha das numerosas accións que puxo en marcha a compañía desde que se desatou a crise sanitaria, na que Supermercados Gadis está a contribuír a garantir un servizo esencial á poboación.
O anuncio realizado por BAP&Conde “Non vas poder con nós” lanzouse o pasado 5 de novembro e, desde entón, cultivou un importante éxito, converténdose en viral ese mesmo día con máis de 1,5 millóns de visualizacións. Un canto á esperanza desde Galicia para todo o mundo.
0 comentarios:
Publicar un comentario