O CIFP Carlos Oroza informa de que o vindeiro venres, 27 de marzo, ás 12.15 da mañá no aula restau-rante Álvaro Cunqueiro do noso centro, realizarase a presentación final do proxecto de innovación di-dáctica no ámbito da formación profesional “Ciencia e Gastronomía dos produtos da acuicultura de Galicia”.
O CIFP Carlos Oroza en colaboración co IGAFA levaron a cabo este proxecto que se materializa na elabo-ración da guía de consumo “Ciencia e gastronomía dos produtos da acuicultura de Galicia” e unha páxi-na web. O programa previsto da xornada é o seguinte:
- 09.15-09.30 Recepción no CIFP Carlos Oroza do alumnado e profesorado do IGaFA.
- 09.45-10.15 Visita guiada polos talleres Cociña 1, Cociña 2, Panadaría e Cafetaría
- 10.30-12.00 Participación de varios profesores e alumnado do centro, xunto con alumnado do IGaFA na preparación das especialidades do aperitivo que se servirá posteriormente.
- 12.15-13.00 Degustación e servizo de aperitivo que se realizou nos talleres, entrega da guía de consumo e presentación do marco básico da web do proxecto.
A esta actividade están convidados e confirmados:
- Consello Regulador do Mexillon de Galicia
- Empresa Porto Muiños
- Representantes de AROGA
0 comentarios:
Publicar un comentario