Concederase
un único premio dotado de 1.000 euros á obra elixida por un xurado profesional
Ribadavia, 20
de decembro de 2019. A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e
o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que
vai representar a 57ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 1 ao 3 de
maio. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000
euros.
A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga
alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á
renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis
antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de
paisaxe e territorio. No concurso poderán participar profesionais de calquera
nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser
inédita.
A data de recepción dos proxectos estenderase
ata o 31 de xaneiro de 2020. A selección do gañador do concurso farase na
semana do 3 ao 7 de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do
deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.
0 comentarios:
Publicar un comentario