viernes, 29 de enero de 2016

Showcooking de Héctor López do membro do Grupo Nove e copresentador de "Desafío nos Fogóns TVG" no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.






O CIFP Carlos Oroza desenvolvera o vindeiro luns 1 de febrero, un showcooking do cociñeiro Héctor López, integrante do Grupo Nove, copresentador e membro do xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns” e chef do Restaurante España de Lugo con motivo do I Concurso de Cociña Quescrem.

A demostración estructurarase como elaboración dun menú degustación completo no que se amose diferentes aplicacións deste queixo crema. Algunhas cousas levaranse preelaboradas para rematalas diante dos asistentes. O menú constará de 10 pratos entre aperitivos, entrantes fríos, entrantes quentes, carnes, arroces e postres.

Como aperitivos: Airbag, queixo, perlas de pemento e anchoa, Langostino con escuma de finas herbas e croquetas ao momento de queixo Plus e xamón. Tamén farase unha Ensalada capresse con queixo de aceitunas, Bolsiñas cruxientes de queixo e porro, Arroz meloso de verduriñas e queixo San Simón, Ravioli de boi con bechamel de rulo de cabra.

Como postres: Semifrío con fresas estofadas, Brownie de chocolate con mascarpone, Cupcake con frosting de queixo.

O showcooking dará comezo ás 09.30 no taller Cociña 1 e está dirixido ao alumnado participante no concurso Quescrem, ciclo medio de cociña e 2º do ciclo superior de Dirección de Cociña.

0 comentarios:

Publicar un comentario