miércoles, 28 de febrero de 2018

V Campionato de Sumillería para Escolas de Hostalaría de Galicia, Asturias, norte de Portugal e Biarritz



O CIFP Carlos Oroza celebra a 5ª edición do Campionato de Sumillería “Suso Domínguez” para Escolas de Hostalaría de Galicia, Portugal, Asturias e Biarritz O CIFP Carlos Oroza informa que o xoves, 1 de marzo, celebrará o 5º Concurso de Sumillería “Suso Domínguez” co obxectivo de por en valor o servizo de sala, o mundo do viño e a formación nas escolas públicas de hostalaría e turismo. 

Esta edición estará adicada á DO Valdeorrras, coa que concluímos o noso percorrido polas DO galegas. O evento contará coa presenza da presidenta da Deputación Carmela Silva, o Director Xeral de Centros e RRHH, José Manuel Pinal, a Subdirectora Xeral de FP, Eugenia Pérez Fernández, o deputado Héctor Santos, a concelleira Anabel Gulías, ou o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, entre outros. O campionato dará comezo no CIFP Carlos Oroza ás 9 horas, coa primeira proba, un cuestionario específico sobre a DO Valdeorras, que os participantes realizarán nunha das aulas do centro. 

A segunda proba e 3ª proba tamén será desenvolvida no centro, a identificación de olores, nez du vin 54 aromas, e a identificación dun viño da DO Valdeorras entre 5 referencias dadas. O concurso continuará a partir das 12 horas no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, a onde se trasladará todo o alumnado do centro, colaboradores e autoridades convidadas para dar paso á proba final, na que cada participante realizará unha proba de decantación tipo aireado co que rematarán a súa participación no concurso. Para esta V edición, contaremos cun xurado de luxo, que será o encargado de decidir o campión de sumillería. 

Este xurado estará presidido, como en edicións anteriores, por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño e tamén formarán parte do mesmo Guillermo Cruz Alcubierre, xefe de sumilleres do restaurante Mugaritz e un dos sumilleres máis recoñecidos do mundo; Esther Daporta, sumiller do restaurante con estrela Michelín Yayo Daporta de Cambados; Jorge Mazaira (Director Técnico da DO Valdeorras); e Xosé Gontá e Martiño Santos (propietarios da tenda de viños Vide Vide de Santiago). 

Haberá unha demostración de cociña con viño, a cargo de dous alumnos do Ciclo Superior de Dirección de Cociña, premiados recentemente en na Feira Gastronómica Xantar de Ourense, no concurso “Cocinar con Vino”. O punto e final á xornada no auditorio será a entrega de premios ao gañador, e o discurso das autoridades convidadas. Posteriormente celebrarase un xantar no taller restaurante Álvaro Cunqueiro do centro.

0 comentarios:

Publicar un comentario