· Pepe Solla combinará filloas e viño nun ‘showcooking’ o xoves 1 de marzo no Hostal dos Reis Católicos
· Presentaranse as festas da Filloa da Pedra da Baña e do Viño da Ulla
· O evento está organizado por GDR Asociación Terras de Compostela
O Hostal dos Reis Católicos acolle o próximo xoves, 1 de marzo, a xornada Filloas e Viño no Camiño, organizada polo GDR Asociación Terras de Compostela co apoio das asociacións da Filloa da Pedra da Baña, da Filloa de Lestedo e do Viño da Ulla. Estes produtos típicos da comarca compostelá centrarán o programa dunha mañá na que se desenvolverán conferencias sobre gastronomía e turismo e que rematará cun showcooking a cargo de Pepe Solla.Filloas e Viño no Camiño busca poñer en valor dous produtos con grande atractivo e ligalos aos Camiños de Santiago, como elemento dinamizador do territorio e do turismo en Galicia. Milleiros de peregrinos visitan a Comunidade cada ano e o factor gastronómico é cada vez máis importante na súa decisión de visita.
A xornada abrirase ás 9.30 da man de Carlos Martínez Carrillo, presidente de GDR Asociación Terras de Compostela; e representantes da Asociación de Filloas da Pedra da Baña, da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo (Boqueixón) e da Festa do Viño da Ulla (Vedra). A seguir, o historiador Manuel Vilar lerá o relatorio Camiños de Santiago: mostrando o local para estar no global, e o director técnico do Curso Superior de Sumiller profesional do Instituto Galego do Viño, Juan José Figueroa Treus, falará do sector vitivinícola.
Despois o cociñeiro Pepe Solla elaborará en directo varias receitas nas que maridará filloas e viño con outros produtos da gastronomía galega. Solla é un dos cociñeiros máis recoñecidos de Galicia, tanto pola calidade das súas propostas (o seu restaurante Casa Solla, en Poio, conta cunha estrela Michelin desde 1980) como polo seu incansable labor de difusión da gastronomía galega ao longo do mundo.
Ás 12.30, rematado o set de showcooking de Solla, a tradición gastronómica tomaralle o relevo coa elaboración en vivo e a degustación de filloas da pedra da Baña e filloas de Lestedo, acompañadas por viño da Ulla e outros produtos da comarca compostelá. Este momento servirá para que se presenten tanto a Festa da Filloa da Pedra da Baña, que chegará á 15ª edición o 11 de marzo; como da 38º Festa do Viño da Ulla, o 8 de abril.

0 comentarios:
Publicar un comentario