Xantar
de Convivencia Paco & Lola - Sábado 24 de Novembro 2018
Rematada a vendima chega o tradicional
xantar da cooperativa meañesa Paco & Lola. Máis de 400 persoas se xuntaron
para disfrutar dunha comida onde non podían faltar os albariños máis
recoñecidos da firma.
O acto contou cos representantes dos
concellos de Ribadumia, Cambados e Meaño, e representantes da Consellería de
Medio Rural e da Deputación de Pontevedra.
O lugar escollido, foi como xa é
costume, o Hotel Carlos I Silgar de Sanxenxo. A celebración prolongouse ata ben
entrada a tarde, con sorteos para os socios e socias e baile para rematar a
xornada de convivencia.
Premios
2018 - Cata das Añadas - Denominación de Orixe Rías Baixas
O pasado xoves celebrouse en Madrid a
“Cata de las Añadas” que é organizada cada dous anos pola D.O. Rías Baixas,
neste ano participaron 75 marcas de viño pertencentes ás 36 bodegas, o xurado
estaba formado por 27 expertos que verificaron que os viños blancos teñen poder
para envellecer.
O venres no Castelo de Soutomaior entregáronse
os premios dos viños galardonados, sendo o albariño Paco & Lola Vintage 2012 premiado con “Gran Colleita de Ouro” e
o Paco & Lola Prime 2016 con
“Colleita de Ouro”. O albariño Paco
& Lola Vintage 2012 tamén foi galardonado coa distinción de Gran Albariño
de Ouro no concurso internacional de “Albariños al Mundo”
0 comentarios:
Publicar un comentario