- As dúas entidades intensifican a súa colaboración para atender as demandas financeiras da cooperativa no punto crítico da campaña
O banco con sede en Galicia pon a disposición da adega da D. O. Rías Baixas os produtos da súa oferta sectorial e a experiencia da súa división ABANCA Agro
ABANCA e a adega Paco & Lola, a maior cooperativa en número de socios da Denominación de Orixe Rías Baixas, renovaron esta mañá a súa colaboración en materia financeira con novas opcións de crédito para atender as demandas dos viticultores no arranque da campaña.
O presidente da cooperativa, Carlos Carrión Álvarez, e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, rubricaron nas instalacións da adega, en Meaño, un novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca do Salnés e cun sector estratéxico para Galicia. No acto de sinatura tamén participou o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro Pereira.
Respostas ás necesidades desta campaña
O convenio pon a disposición dos integrantes desta cooperativa a completa oferta sectorial vitivinícola de ABANCA. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis perentorias da campaña.
É o caso dunha póliza de crédito que pode estenderse ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.
Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, ABANCA con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, avais, anticipos de subvencións ou impostos e liñas de desconto comercial.
Como complemento, desde ABANCA Seguros traballouse en incorporar produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).
0 comentarios:
Publicar un comentario