Unha
cata comentada de Casal de Armán, Reboreda, Viña Costeira e Pazo
Casanova e a visita á exposición “Camiño. A Orixe” combinarán coa
actuación do autor galego
O
grande interese do evento fixo que xa se esgotaran as entradas á venda
para unha cita que comezará a partir das 19:00 horas e que conta con
visitas guiadas á exposición Camiño como primeiro incentivo.
A
continuación, Carlos Blanco ofrecerá un monólogo no que estarán moi
presentes o mundo do viño e máis as emocións que se viven ao rematar o
Camiño: ledicia, gratitude, optimismo… ao mesmo tempo que os asistentes
poderán degustar referencias de catro destacadas adegas: Casal de Armán, Reboreda, Viña Costeira e Pazo Casanova, da man do director do Instituto Galego do Viño (INGAVI) e sumiller do restaurante Pepe Vieira, Xoán Cannas.
O
programa Enocións by Ribeiro quere reflectir as emocións que xorden
durante a peregrinación a Santiago, a través dos sentidos, harmonizando
disciplinas artísticas cola degustación de catro viños da Denominación
de Orixe que mellor expresa a esencia de Galicia.
Toda a información está no portal web www.movimientoribeiro.com
As
sesións anteriores do Enocións by Ribeiro tamén rexistraron un cheo e
contaron coa música de Guadi Galego, a gastronomía de Pepe Solla, as
fotografías de Xurxo Lobato, a catadora Cristina Alcalá ou a animación
de DJ Analís.
A exposición Camiño. A orixe,
que vive os seus últimos días aberta, presenta unha selección de 150
obras de arte e 11 intervencións artísticas, para amosar unha visión
contemporánea da ruta. Trátase dun proxecto dirixido por María
García-Alén que se remonta no tempo ata o ano 820 d.C, co eremita Paio
atopando a tumba do Apóstolo. Esta mostra conta con obras mestras de
artistas como Durero ou Murillo, procedentes de institucións como a
Galería Uffizi ou o Museo do Prado, e outras pezas dun alto valor
cultural. Ademais, Camiño. A orixe complétase co proxecto Lugares
xacobeos, intervencións artísticas realizadas por creadores da Facultade
de Belas Artes da Universidade de Vigo.
Para
o C.R.D.O. Ribeiro, estar presente dentro da familia de mecenas da
Cidade da Cultura, e participar como patrocinador activo desta
exposición sobre a orixe do Camiño de Santiago, é un paso máis cara a
consolidación da marca Ribeiro no seu mercado vocacional, Galicia, o
principal consumidor de viños D.O. Ribeiro. Esta histórica denominación
remonta as súas orixes na viticultura ao Século X, cando a Orde do
Císter púxoa en marcha dende o Mosteiro de San Clodio, en Leiro. Estes
viños milenarios tiveron o seu primeiro mercado en Compostela grazas ao
Camiño de Santiago.
Dentro
do seu plan estratéxico o C.R.D.O. Ribeiro continúa o seu planeamento
de accións acordes á historia, a profesionalidade na xestión, a busca
da excelencia na calidade, e a potenciación da marca, unha das mais
recoñecidas de España.
0 comentarios:
Publicar un comentario