Frenéticas. Así serán as actividades que desenvolverá o CIFP Carlos Oroza na semana dos vindeiros
25,26 e 27 de febreiro.Nelas levará ao CIFP Carlos Oroza a participar en Edugal, realizar 2º concurso de sumillería Suso Domínguez e acoller un showcooking a cargo de Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) e Diego López (La Molinera-Lalín)
O detalle das mesmas é o seguinte:
25 de febreiro (mércores)
Ás 10 horas, no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, haberá
un showcooking a cargo de Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros
(Culler de Pau) e Diego López (La Molinera-Lalín) para todo o alumnado
do noso centro e escolas convidadas. A entrada será libre ata completar
aforo para todas as persoas que desexen asistir a esta actividade.
26 de febreiro (xoves)
Arredor das 10 horas darán comezo as probas que forman parte do 2º
concurso de sumillería Suso Domínguez. Haberá probas que se desenvolvan
no noso centro, e a partir das 12 horas, tódalas probas se desenvolverán
no auditorio da Cidade Infantil. Participarán tódalas escolas de
hostalaría de Galicia e tres de Portugal.
27 de febreiro (venres)
O CIFP Carlos Oroza participará na feira de educación Edugal cun
showcooking (elaboración de pratos e cócteles á vista do cliente con
posterior degustación) a cargo dos segundos cursos dos Ciclos Superiores
de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos, xunto co primeiro curso
de Ciclo Superior de Dirección de Cociña. Os profesores encargados
desta actividade serán Daniel Pulzoni, Antonio Suárez e Nuria Ruíz.
Poderán asistir a este showcooking ata 100 persoas, que deberán recoller
un tique de acceso nun stand da feira de Edugal. A actividade ten previsto o seu comezo arredor
das 11.30 horas.
0 comentarios:
Publicar un comentario