A
adega Viña Moraima, S.C.G. realizou onte a presentación do seu novo
viño: Moraima Caíño. O lugar escollido para dar a coñecer o primeiro
tinto desta adega foi o Pazo da Crega en Barro, onde se deron cita unhas
150 persoas dos máis variados ámbitos, todas elas vencelladas dun xeito
ou outro ao mundo do viño.
A encargada de dar a benvida aos asistentes a este acto foi Salomé Cancela, unha das socias fundadoras; quen agradeceu a súa presencia no que considerou un fito histórico para a pequena cooperativa. Na súa intervención, quixo recoñecer a labor de Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos colaboradores da adega dende fai tres anos aproximadamente, e pais da criatura; cunha mención especial para eses antergos que tempo atrás plantaron e fixeron chegar ata hoxe as cepas de caíño que permitiron a elaboración de Moraima Caíño.

Pola
súa parte, outro dos socios primitivos, Gonzalo Reboredo, realizou un
breve repaso pola aínda curta vida desta cooperativa de colleiteiros de
Barro; facendo especial fincapé na forte aposta de Viña Moraima polas
elaboracións diferenciadas, piares fundamentais de que hoxe se atopen no
seu mellor momento de expansión nacional e internacional . “Se vos
gusta Moraima Caíño, levade o nome de Barro polo mundo”, rematou
dicindo.
Ás
cuestións técnicas relativas ao coidado do viñedo, e ao proceso de
elaboración de Moraima Caíño referiuse Cristina Yagüe; quen salientou
que se atopara cunha caste autóctona, con cepas vellas, incluso
centenarias, e que no proceso de vinificación se tentara respectar ao
máximo o seu carácter varietal.
O acto rematou cunha pequena cata dirixida pola recoñecida sumiller Mercedes González, quen quixo sumarse a esta pequena homenaxe ao caíño tinto, e comezou convidando aos asistentes a probar bagos dos acios que recollera esa mesma tarde.

Durante o evento, que se dilatou ata altas horas da noite, os asistentes tamén puideron degustar os dous viños brancos da D.O. Rías Baixas desta adega: Aba de Trasumia, e Moraima Albariño.
0 comentarios:
Publicar un comentario