UNHA
XORNADA DE ENCONTRO ENTRE PONENTES DE
MÁXIMO NIVEL MUNDIAL E PROFESIONAIS DOS PRINCIPAIS SECTORES DA PRODUCCIÓN E
COMERCIO DO VIÑO
Vigo acollerá o vindeiro 23 de
febreiro o Atlante Wine Forum, unha xornada de encontro, formación e traballo
conxunto dalgúns dos máis reputado profesionais do mundo do viño que
desenvolven a súa actividade no noroeste de España e norte de Portugal.
Perante un día, viticultores,
bodegueiros, enólogos, sumilleres, barman, distribuidores e empresarios do
Enoturismo daránse cita na sede Afundación en Vigo para debatir e estudiar
conxuntamente sobre os retos e as posibilidades do mundo do viño, dende a súa
orixe na viña ata a súa chegada ao consumidor final.
A xornada foi presentada hoxe
na Deputación de Pontevedra nunha rolda de prensa ofrecida polo director do
Instituto Galego do Viño, entidade organizadora do encontro, Xoán Cannas, e por
Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra que, a través de Turismo
Rías Baixas é unha das patrocinadoras do Atlante Forum Wine.
Cannas indicou que <trátase
de ofrecer unha visión internacional e cun ambiente académico e de compartir
con todos os participantes da cadena experiencias e liñas novas para o sector
do viño>.
A xornada desenvolverá tres
ponencias pola mañá, contará cun Masterclass e terá espazos para o debate e
aprendizaxe pois <queremos que haxa unha participación activa dos
aproximadamente 200 asistentes>, manifestou Cannas.
Según él, <é a primeira vez
que se fai algo similar en Galicia, é unha oportunidade histórica para o
sector, para a búsqueda da excelencia, algo no que é clave a formación de
profesionais de presente e de futuro>.
No Atlante Wine Forum participarán ponentes de máximo nivel
mundial como Marc Alvarez, do grupo BCN.0; Dimitris Leivadas, do restaurante
londinense The Fat Duck; Peter Richards, Master of Wine; Claude Bourgignon,
francés fundador do Laboratorio de Análise Microbiolóxico de Solos; Rafael del
Rey, director xeral da Fundación Observatorio Español del Mercado del Vino;
Fernando Gallardo, crítico de El Pais; Ferrán Centelles, de El Bulli; Cristina
Alcalá, periodista; Pedro Mansilla, da Estación Fitopatolóxica de Areeiro; e o
propio Xoán Cannas.
O presidente da Deputación de
Pontevedra, Rafael Louzán, calificou de <emblemáticos> aos viños
atlánticos pero con necesidade dunha grande potenciación e promoción e dixo que
o foro que se celebrará en Vigo <supón unha aposta por redoblar a calidade
dos nosos viños e os procesos de internacionalización e reforzamento da súa
posición no mercado>.
Atlante Wine Forum conta coa
esponsorización de Turismo Rías Baixas, Travecor, a DO Ribeiro, Galicia
Calidade e Cabreiroá.