A
empresa local de ecoturismo complementa a súa oferta turística coa nova
“Ruta Salgada”, unha proposta única e exclusiva na que seis comensais
poderán degustar un pequeno menú atlántico a bordo do Galeón Punta
Pragueira
|
Marabaixo estrea este mes de xuño unha nova experiencia náutica que ten como obxectivo a búsqueda do sabor atlántico, baixo o nome de "Ruta Salgada". Durante
as 2 horas deste percorrido nun barco tradicional de madeira, o galeón
Punta Pragueira, a veciñanza e as persoas visitantes que participen
desta actividade poderán descubrir lugares da bahía e, do porto Coruñés,
vinculados ao xeito de alimentarnos.
|
Como explica o director de Marabaixo, Xandro García,
"nesta ruta falamos de gastronomía, de mar e de historia local. Por
exemplo, a maioría da xente non sabe que a primeira fábrica de conservas
de Galiza asentouse na Coruña, ou que unha das maiores factorías do
mundo de produtos elaborados de peixe, a desaparecida PEBSA, tivo base
no porto coruñés."
|
Tras un paseo en veleiro pola baía da Coruña, previa
explicación sobre o entorno e a embarcación tradicional galega, dirixida
polo biólogo mariño e patrón Xandro García, a excursión remata cunha degustación a bordo de produtos de proximidade relacionados co mar. Este menú atlántico está composto de produtos como conservas de mexillóns e algas, viño da IXP terra de Betanzos, e galletas artesanais, froito da colaboración con empresas como Porto Muiños, Bodegas Rilo e Raizame.
|
|
Máis información sobre a Ruta Salgada
|
Esta actividade de ocio náutico realízase de forma
regual cada domingo con saída ás 11:30 dende Marina Coruña. A reserva e
compra de billetes pode facerse directamente na web marabaixo.gal ou no teléfono/whatsapp 623 39 37 05. Ten un prezo de 300€ cun aforo máximo para 6 persoas.
|
|
|
Datos de interese sobre as Rutas Marabaixo
|
Marabaixo é actualmente a única empresa local de ecoturismo náutico con actividade na cidade da Coruña. Máis
de 500 persoas, locais e visitantes de entre 4 e 90 anos, difrutaron xa
desta experiencia náutica inmersiva que comezou a súa andadura no verán
do 2022.
|
A procedencia destas persoas ao igual que o rango de idade, son moi dispares: dende veciñas da Coruña
que teñen curiosidade por coñecer a súa cidade dende outra perspectiva,
ate visitantes procedentes de outras partes de Galiza como Lugo ou
Camariñas, que aproveitan o seu paso pola cidade para coñecela dende
outra óptica. Tamén visitantes doutras partes
do Estado Español e de Europa como Pais Vasco, Zamora, Madrid,
Cantabria, Países Baixos, Reino Unido ou Francia.
|
Dende o inicio desta iniciativa capiteanada por Xando
García, Marabaixo conta cunha equipa de profesionais relacionados coa
bioloxía, educación, divulgación e formación ambiental.
| |
0 comentarios:
Publicar un comentario