Restaurante
Morriña, Taberna O Secreto, Mesón de Herves, Mesón Barrera e Casa Ponte
son as tapas finalistas na categoría Tradicional e La Esquina de
Valentina, Uro Rest&Club, Casa Surrey, Intenso e EME Taberna na
Creativa
O xurado do XVII Concurso de Tapas Picadillo valorou este martes as
propostas finalistas das categorías Creativa e Tradicional. Antes de
visitar a valorar todas as tapas, os membros do xurado foron recibidos
polo xerente do Consorcio de Turismo, Moisés Jorge Naranjo
O
xurado desta edición, presidido por Chau Puga Fernández-Gago, neta do
alcalde Picadillo e académica da Academia de Gastronomía de Galicia,
está composto por Ana Gago, copropietaria e xefa de cociña de Casa Pardo
(1ª Estrela Michelín da Coruña); Marco Varela, cociñeiro do
restaurarante Sábrego en Casal de Armán (Ribadavia); Chechu Rey,
cociñeiro e asesor gastronómico e Javier Rodríguez "Taky", cociñeiro.
Todos
xuntos visitaron os dez restaurantes finalistas das categorías
Tradicional e Creativa (cinco en cada unha). Os establecementos,
escollidos polo xurado inicial, foron o Restaurante Morriña, a Taberna O
Secreto, o Mesón de Herves, o Mesón Barrera e Casa Ponte na categoría
Tradicional e La Esquina de Valentina, Uro Rest&Club, Casa Surrey,
Intenso Cocina Peculiar e EME Taberna na categoría Creativa.
O
nome dos establecementos gañadores de cada unha destas categorías, así
como da categoría de Maridaxe e do Premio Cidade da Coruña, serán
anunciados na entrega de premios que se realizará nas vindeiras semanas.
0 comentarios:
Publicar un comentario