'Taller de Cociña Divertida' para nenos en PORTONOVO
o 3 de Decembro ás 11:00h
O Programa de Dinamización de pescadoartesanal.com, promovido polo Grupo Acción Costeira de Pontevedra, por iniciativa das Confrarías de Pescadores, achégase aos mais pequenos a través dun taller de cociña dirixido en exclusiva para eles.
O mércores 3 de Decembro ás 11:00 horas na Praza de Abastos (visita) e no Edificio Multiusos de Portonovo (taller de cociña) organizaremos para 30 alumnos de 9 anos do Colexio CEIP Portonovo un “Taller de Cociña Divertida para Nenos”.
A través desta iniciativa pescadoartesanal.com pretende dar a coñecer aos máis pequenos a actividade da pesca artesanal e o funcionamento das prazas de abastos, ademais de fomentar o consumo de peixe local.
Durante a actividade os nenos poderán:
- Visitar os postos da praza de abastos para que coñezan o peixe local.
- Recibir unha breve explicación dos tipos de peixe que hai nas nosas rías e recoñecemento das especies que ese día haxa na praza.
- Elaborarán dúas receitas co peixe local que haxa ese día na praza de abastos.
Deste xeito, aprenderán a comer peixe de
forma divertida usando para iso ingredientes que o fagan máis
atractivo. En concreto, cociñarán as seguintes receitas:
- Empanadilla de peixe do día.
- Cruxinte de peixe do día.
0 comentarios:
Publicar un comentario