ESTE XOVES INAUGÚRASE ROCK & BOI, GASTROHAMBURGUESERÍA E COCTELERÍA
O vindeiro xoves, 31 de xullo, ás20:30 horas, inaugúrase Rock & Boi na Rúa Tetuán 10. Un “Hard Rock” ao máis puro estilo galego que mestura a gastrohamburguesería de carne galega, Fast Good, coa coctelería.
Os invitados poderán desfrutar dunha degustación das nosas hamburguesas e pans con produtos de cociña de proximidade, cervexa e un cocteleiro prepará gintonics e cóctel sen alcol. Entre os que asistirán blogueiros de moda de Galicia.
Rock & Boi nace do soño dun equipo que xa vai un ano que levan preparando este proxecto que ofrece carne 100% galega de tenreira, vaca e boi. Poderase tomar unha hamburguesa dende os 5 euros aos 12, a partires das 12 do mediodía.
Elaboradas con produtos da agricultora local de tempada e de denominacións de orixe coma o queixo Arzúa Ulloa, San Simón ou outros ingredientes menos coñecidos como un queixo azul ou parmesano galego.
Ademais das hamburguesas, no menú atopamos tamén entrecot, polo á grella criado con vexetais, entrantes, tempuras, ensaladas, salchichas e petiscos. Tamén café tostado diariamente de alta calidade (Veracruz) e cervexas galegas artesás. E para os que veñan en bicicleta, haberá desconto.
Detrás de este novo concepto, atópase o emprendedor Ángel Vidal, pontevedrés de 41 anos, rexente da coctelería Flanagan (cóctel finalista en Pontedetapas), xunto co seu irmán Sergio, especialista en cervexas, con máis de 15 anos de experiencia en restauración e dono de O Gato Gordo (Chesire) que pecha para sumarse ao proxecto. Arredor de dez persoas darán vida ao local, entre os que atopamos como xefe de cociña a Nicolás López, que traballou con Molineras ou no Culler de Pau.
1 comentarios:
Moitas gracias!
Publicar un comentario