miércoles, 16 de julio de 2014

Iñaki Bretal do Grupo Nove nun showcooking con Pemento do Couto e o Tomate negro de Santiago mañán no Eirado da Leña.


Co fin de achegar aos profesionais da gastronomía e ao público en xeral as cualidades excepcionais do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, dúas hortalizas que se cultivan no agro naronés, o Concello de Narón en colaboración coa D.O. Ribeiro, a Cooperativa do Campo Galego O Val- Narón e o chef Iñaki Bretal, un dos integrantes do prestixioso Grupo Nove, celebra mañá xoves, 17 de xullo ás 13.30 horas unha presentación gastronómica no emblemático restaurante pontevedrés “Eirado da Leña”, propiedade do cociñeiro.
No acto, no que estarán presentes o concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e José Benito Castro, presidente da Cooperativa do Campo GalegoO Val-Narón, entidade que aglutina aos produtores que cultivan estas hortalizas, o chef Iñaki Bretal amosará o uso do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago como ingredientes exclusivos da cociña tradicional e de vangarda cunha demostración culinaria e posterior degustación na que preparará pratos elaborados con estes dous produtos, coincidindo coas xornadas “Horta de Narón” que se celebran do 10 ao 19 de xullo neste concello da comarca de Ferrolterra.


0 comentarios:

Publicar un comentario