· Paiosaco
vivirá unha celebración o 2 de abril para celebrar a chegada de
Primagas a Galicia, no Campo da Feira, a partires das 10:30 h.
· A
actuación do mago Martín Camiña, inchables para nenos, xogos populares,
filloas… serán algúns dos atractivos deste evento que contará con carpa
Paiosaco, no Concello da Laracha, vivirá o próximo domingo, 2 de abril, a Festa Primagas,
un evento para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa
especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e
limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.
A Festa Primagas comezará ás 10:30 horas e celebrarase no propio Campo da Feira, coincidindo con mercado quincenal.
Entre os seus atractivos estarán a actuación do mago Martín Camiña e
de distintos grupos locais. Tamén haberá unha degustación de filloas,
inchables para os cativos e xogos populares, entre outras actividades.
Toda a recadación acadada nos postos destinarase á Asociación de Discapacitados ADISMA. A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello da Laracha.
Con
máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas leva o gas a
Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas
non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.
Sobre Primagas
Primagas,
compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte
do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá
servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de
Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético
das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus
clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.
Primagas,
con máis de 11.000 clientes en España, está formada por unha nómina de
50 persoas e unha extensa red de instaladores acreditados repartidos
porlo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro
delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así
como con tres plantas ubicadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e máis
Segovia.
0 comentarios:
Publicar un comentario