O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, vén de expresar os seus parabéns ao CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, por resultar elixido para ocuparse da organización e do servizo do evento dos Premios Princesa de Asturias 2015, que terá lugar o venres no Hotel Reconquista de Oviedo.
O conselleiro estendeu a súa felicitación ao alumando, ao profesorado e á dirección deste centro de Formación Profesional por formar parte dun evento de grande transcendencia e que pon de manifesto a calidade das ensinanzas de FP galega.
Na recepción dos Princesa de Asturias deste ano prestarán servizoun total de 50 alumnos e alumnas e cinco profesores e profesoras dos ciclos de Hostalaría que imparte o Carlos Oroza.
Segundo Román Rodríguez, a representación da FP galega neste evento supón un recoñecemento ao esforzo e ao traballo ben feito que alumando e profesorado realiza nun centro que é referencia no eido da hostalaría.
0 comentarios:
Publicar un comentario