Mostrando entradas con la etiqueta GAC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GAC. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de diciembre de 2014

A Plataforma 'pescadoartesanal.com' achégase aos máis pequenos

'Taller de Cociña Divertida' para nenos en PORTONOVO
o 3 de Decembro ás 11:00h


O Programa de Dinamización de pescadoartesanal.com, promovido polo Grupo Acción Costeira de Pontevedra, por iniciativa das Confrarías de Pescadores, achégase aos mais pequenos a través dun taller de cociña dirixido en exclusiva para eles.

O mércores 3 de Decembro ás 11:00 horas na Praza de Abastos (visita) e no Edificio Multiusos de Portonovo (taller de cociña) organizaremos para 30 alumnos de 9 anos do Colexio CEIP Portonovo un “Taller de Cociña Divertida para Nenos”.

A través desta iniciativa pescadoartesanal.com pretende dar a coñecer aos máis pequenos a actividade da pesca artesanal e o funcionamento das prazas de abastos, ademais de fomentar o consumo de peixe local.

Durante a actividade os nenos poderán:
  • Visitar os postos da praza de abastos para que coñezan o peixe local.
  • Recibir unha breve explicación dos tipos de peixe que hai nas nosas rías e recoñecemento das especies que ese día haxa na praza.
  • Elaborarán dúas receitas co peixe local que haxa ese día na praza de abastos. 
Deste xeito, aprenderán a comer peixe de forma divertida usando para iso ingredientes que o fagan máis atractivo. En concreto, cociñarán as seguintes receitas:
  • Empanadilla de peixe do día.
  • Cruxinte de peixe do día.
Como non pode ser de outra maneira, os peixe consumido durante o taller adquirirase na Praza de Abastos de Portonovo, fomentando así a compra dos nosos produtos nas nosas prazas de abastos.